Friday 17 de May de 2024

Trinta persoas participan en Riveira no segundo curso de dependencia e coidados


Esta mesma semana abriu nas instalacións formativas municipais da rúa Cristóbal Colón o segundo curso sobre e dependencia e coidados posto en marcha polo Concello en colaboración da fundación H+D ante a excelente acollida da primeira das iniciativas, concluída o mércores pasado coa entrega de diplomas.

Desta vez son 30 as persoas que están a asistir nunha acción que constará de 40 horas teóricas e 10 prácticas, estando dirixido a formar a profesionais ou familiares que traballen e/ou convivan con persoas dependentes co fin de mellorar a calidade de vida deste tipo de usuarios.

O temario está composto por distintas materias como conceptos básicos sobre dependencia, envellecemento activo e prevención de dependencia, problemas asociados á dependencia, recomendacións para o coidador, habilidades sociais, preparación e elaboración de menús, hixiene e medicación, xestión de tempo e solución de imprevistos e orientación laboral.

O curso prolongarase ata o 2 de abril, desenvolvéndose en horario de 10 a 13 horas.